Martes. 30.04.2024
El tiempo

A tradición volve nacer en Lires por Nadal

A tradición volve nacer en Lires por Nadal
Impresionante o traballo que levan realizando os membros da Asociación Pedras Miúdas de Lires dende a súa formación hai apenas un par de anos. Un traballo moi enfocado á recuperación tradicional, e xa ten devolto á vida cotiá costumes como a danza de arcos, a gaita ou a pandeireta. E tiñan unha boa festa preparada para este Nadal, que se celebrou o pasado domingo 26 de decembro. A parroquia ceense de Lires celebraba o Santo Estevo, e a asociación aproveitou a data para que toda a veciñanza desfrutoase co nadal máis tradicional. Non mermou asistencia a enorme friaxe, e o numeroso público asistente (había máis xente que vecinos) cantaron e aplaudiron a rabiar. I é que a proposta cultural non era pequeña. Empezou nada menos que Pazos de Merexo, deleitando a parroquia co seu acordeón logo de manter un man a man con Kepa Juquera hai unhas semanas no Couto. De seguido foi José Blanco o que subiu ao escenario. Este, veciño da parroquia, e persoa xa maior, tocou un par de pezas ca súa gaita conseguindo que o público se entregase ante a súa valentía. A regueifa chegou tamén a comarca de Fisterra, algo máis típico polas terras de Bergantiños. Era unha regueifa con gaita a cargo de Trío Liro, que arrincou as risas de pequenos e maiores. E para rematar, foron os artistas da casa os que continuaron a festa. As pandereteiras, as do baile tradicional e os gaiteiros da propia asociación Pedras Miúdas fixeron un peche de festa do máis movido. Parabéns para a asociación de Lires, que traballa coma poucas na comarca de Fisterra pola recuperación tradicional.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios