Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A comunidade educativa para ao completo contra a LOMCE

A comunidade educativa para ao completo contra a LOMCE
Concentracion contra a LOMCE no IES Fernando Blanco de Cee-Foto- Daniel Oca

Parece claro que o groso da comunidade está en contra da nova Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). A comezos de semana anunciabamos as mobilizacións preparadas e xa podemos ir facendo reconto do seguemento destas accións, que deixa un balance de total rexeitamento á lei.

Se ben, hoxe 9 de maio está convocada a Folga Estudiantil en toda a Galicia pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Na Costa faise hoxe patente en tódolos centros, por exemplo con esta concentración ás 11:30h diante do IES Fernando Blanco que vemos na primeira foto, pero ante xa imos repasamos as accións vividas na noite de onte en Cee e Laxe.

Centros de toda a zona como o Areouta de Sardineiro estiveron presentes

Noite de"vixía" no cole de Laxe

Vixia nocturna en Laxe contra a LOMCE-Foto-Jose Manuel Ojen

A pasada noite do día 8, o 50% do profesorado de Primaria do CPI Cabo da Area de Laxe decidiu realizar unha "vixía" dentro do centro en apoio á xornada de paro que se celebrará no día de hoxe, como protesta á (LOMCE) elaborada polo goberno do PP.

Pais e alumnos manifestaron o seu disconformidad a unha lei imposta sen ningún tipo de consenso, que penalizará ás clases menos podentes, con recortes no profesorado. co-pago comedores etc. É, segundo nos contan, "unha Lei deseñada para favorecer a segregación, clasista e que prexudicará moito máis ás zonas rurais en comparación coas cidades debido ao desprazamento".

Hoxe 9 de maio, o día do paro, está previsto que sexa secundado polo 100x100 do profesorado.

Boas previsións para a folga en Cee

Sesion noctura da FEDANPA no Salon de Actos de Cee-Foto-FEDANPA

"A folga contra a LOMCE vai ser un éxito, polo menos na Costa da Morte", aseguran dende a FEDANPA trala súa presentación onte nun repleto Salón de Actos do Concello de Cee. A sesión nocturna tiña como nome "a LOMCE a debate" e a Federación de Pais e Nais da Costa da Morte, como membros da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, coordina estas accións.

Onte eran 114 os participantes que se achegaron ao concello ceense, que prevén que o seguemento de hoxe sexa total.

Protestas en Vimianzo

Tamén o profesorado do IES Terra de Soneira celebraron unha concentración o pasado o martes diante da porta principal do instituto baixo o lema "Por unha educación pública de calidade", que locía nunha gran pancarta na cristaleira do centro. Os organizadores quedaron contentos coa concentración, cunha tregua por parte da chuvia e cun vento que fixo voar parte das letras do cartaz. Sumouse o profesorado e parte do alumnado de bacharelato, ESA e ciclos (que son os que poden saír do centro).

Novas relacionadas

Fonte

  • Información de José Manuel Ojén e da FEDANPA.

Comentarios