Mércores. 21.08.2019
El tiempo

A copla ten canteira no Entroido de Fisterra

A copla ten canteira no Entroido de Fisterra
Entroido-Fisterra-2014-Tortugas-y-Pece

Moitas cousas fan deste entroido, o de Fisterra, o máis auténtico da Costa da Morte. Pero a copla é a protagonista, sen lugar a dúbidas. Este ano, de 6 comparsas participantes, só dúas eran de Fisterra, e as dúas, novatas. Pero a experiencia, a alma retranqueira lévano todos, e os máis pequenos demostraron que a arte lévase dentro.
Que a corporación aguante sentadiña as bromas e bromas que todas e cada unha das comparsas lles adica con sorna e tratranca... E que o alcalde entregue o primeiro premio de comparsas ao voceiro da oposición, que ademais vén de facer unha parodia de alcalde, só pode acontecer no pobo das marabillas...

E precisamente ata o pobo das marabillas levounos o primeiro grupo fisterrán, "Los niños del coro". Xa dende as 15:30h o pavillón estivo ateigado e cunha puntualidade inusual as elegantísimas presentadoras Adriana e Rosalía (ulo Isi?) arrincaron o certame. O alcalde, como non podía ser doutro xeito, arrincou cun pregón en verso, explicando que a corporación se vestía de hippis coma se estivesen acampados en Mar de Fóra, un tema demasiado recurrente durante toda a tarde. Pero deixouno claro: "O Entroido de Fisterra é saúde, e aforra medicación". Porque se temos que esperar polo Centro de Saúde...

Entroido-Fisterra-2014-A-corporacion-de-hippis-de-Mar-de-Fora

A canteira da copla

Entroido-Fisterra-14-Los-ninos-del-coro-1

Para nós, a comparsa revelación do certame, os máis peques da vila do Cristo, demostraron que a arte anda polas veas. Espectacular viaxe á que nos levaron polo pobo das marabillas, esa Fisterra fermosa, chea de vida e cores. Pero... as cores deixan paso á retranca, que non perdoa nin ao alcalde, nin aos concelleiros, nin á oposición, nin á propia Policía.
A música cambiou "El Venao" polo "Ai José", o traballar polo chupar, e mesmo pedían o "Que lle corten a cabeza" a todos os políticos.
Acordáronse da Casa da Cultura que nunca houbo, pero "é que ao alcalde, dende que estivo na #OperaciónOrquesta xa non lle gusta a música"... Lembraron tamén a necesidade dunha oficina de turismo, do centro de saúde, e da persecución da policía cos mariñeiros.
Unha obra de teatro completa, con inicio, desenvolvemento e final. Espectaculares uns rapaces que quedaron só co 4º premio. Iso si, o pequeno coelliño, Rodrigo Casais levou o premio do Rei do Entroido.

Entroido-Fisterra-2014-Rodrigo-Casais-o-rei- Entroido-Fisterra-14-Los-ninos-del-coro-2

Dende Lires polo Vaticano, e co 2º posto

Entroido-Fisterra-14-O-Papanamericano-de-Lires

O "Papanamericano" de Lires chegaba "Avaticando o Vaticano", mesmo bendecindo, con ostias molladas en licor café, ao xurado, no que un ano máis, e xa van 7, estaba QPC. Fantástica a proposta áceda da xente de Lires, que xa o ano pasado trouxeran a granxa ata Fisterra, para destapar este curso "unha parte da igrexa que aínda estaba dentro do armario".
Fumata branca, con incienso na sala e todo, e Francisco e Benedito compartiron protagonismo coa "Sor Anghustias", o bo de José Antonio que levou o premio á Raíña do Entroido.
Un Benedito, co "pito" algo saído polas faldas curtas das monxas (provocadas polos "recortes"), que se confundía e falaba daquel "Muxía Fin do Camiño"... E ollo co baile das monxas, que mesmo lle preguntaron ao alcalde se lle gustaba, "pois din por aí que tanto che vai a froita como a verdura"...

Entroido-Fisterra-14-Avaticando-o-Vaticano-de-Lires Entroido Fisterra 14-Avanticando o Vaticano Armario o Vaticano Armario

Ameixenda calé

Entroido-Fisterra-14-Ameixenda-Cale

Dende Ameixenda debutaban este curso en Fisterra os da república independiente de Ameixenda, que non teñen alcalde, teñen Presidente. Falaron sobre todo dos políticos e banqueiros, que "todos chupan para si, tirirí", ao ritmo dun par de guitarras que nin Paco de Lucía. A cabra e os atuendos, auténticos.

Buxantes Calidade levounos polas terras de Avatar e levou o 3º premio

Entroido-Fisterra-2014-Buxantes-Calidade-1

Menudo espectáculo que monta sempre a parroquia de Buxantes Calidade. Xa case ca nacionalidade fisterrá (e iso non se consegue así por así, pero é que xa é o 5º ano), as xentes de Dumbría teñen unha posta en escena que nin "Holivú". E precisamente a algún maior se lle escapaba que eses persoeiros azuis, perfectamente maquillados e ataviados, eran personaxes da peli Avatar.

Fantástica a idea de meter polo medio o asunto medioambiental, e o coidado da nosa terra, do noso patrimonio natural. E fantástico coma sempre o bo de César Ferrío, que xa arrincaba mandándolle un par de recados á corporación e á oposición, e que xa vai creando canteira tamén en Buxantes, como o demostrou o bo de Samuel. "Na praza ou no Pavillón, Traba rei do botellón, Fisterra é o millor", rimaban as coplas.

Entroido-Fisterra-2014-Buxantes-Samuel-e-Cesar

Os campións de Fisterra

Entroido-Fisterra-2014-Tortugas-O-mayor-comprando-o-xurado

O primeiro premio recaeu, por apenas medio punto de máis de 120, na comparsa "Tortugas y peces". Con moita experiencia no entroido pero debutando como comparsa, estes fisterráns "seguros coma tartarugas e escurridizos coma peixes" leváronnos de Haloween falando de "festas e bestas", demostrando a súa alma de festexeiros.

Foi o alcalde tamén o protagonista de boa parte das coplas, un alcalde parodiado polo voceiro do BNG, Germán Martínez. Un alcalde que aparece ás 10:00h no Concello e "coas sabas pegadas e cheirando a ghüisqui". Un alcalde que compra o xurado (menudos billetes de 500€ que nos entregou...) e que reparte as "Licencias "Ti Vai Facendo" por todas partes. "Lega-legalización, ti vai fasendo; Lega-legalización pronto haberá PXOM", cantaron o tema de Ska-P, con tempo para adicarllo ao Secretario, outro dos protagonistas da noite...

Entroido-Fisterra-2014-Tortugas-y-Peces-2

Juranchos polo mundo

Entroido-Fisterra-2014-Juranchos-ca-4-calavera

Simpáticos tamén os invasores de Gures, que chegaron a Cuba e se atoparon cun exército tremendamente aguerrido. Con Fidel moi ocupado, e uns guerreiros rapeiros fantásticos, conseguiron botar atrás á 4ª Calavera do señor Rei. Precisamente a monarquía foi a protagonista de boa parte das coplas, e aquelo do "Rei é o maior republicano" quedará nas nosas cabezas.

Entroido-Fisterra-2014-Juranchos-polo-mundo

Fin de festa

Fin de festa no Entroido de Fisterra

Impresionante ver como mentres o xurado se pon a deliberar, a xente monta a festa no medio do pavillón á espera da gran nova. Todos a unha, e a competición queda nun mero detalle despois de pasalo de medo e comprobar que a copla mantense moi viva en Fisterra! A ver se para o ano volven os Presajeiros e algunha outra mítica comparsa!!

Os Presajeiros sen fronteiras volveran para o ano que ven ao Entroido de Fisterra

Novas relacionadas

Entroidos 2014

Máis novas

Fonte

Comentarios