Venres. 19.04.2024
El tiempo

O goberno de Cee dá un toque á Neria

O goberno de Cee dá un toque á Neria
Os vellos Asteleiros da Sicar poderían acoller unha nova factoría

Segue sendo algo confuso o posiciomamento político arredor da instalación da Fábrica de tubos xigantes nos antigos asteleiros da SICAR, en Cee. A corporación municipal de Cee rexeitaba a súa instalación alegando motivos medioambientais, mentres CIG, BNG e Edís Nacionalistas, ademais do O Comité de Empresa de Ferroatlántica, apoian a instalación. Polo medio, os empresarios da vila, que "non saben non contestan".

Onte a Asociación supramunicipal Neria celebraba unha Xunta Directiva na que discutían o seu apoio ou non ao proxecto que propón Portos de Galicia. Unha decisión, a de tratalo tema, que non sentou nada ben no goberno do Concello de Cee. De feito, a alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, e o 1º tenente de alcalde, Daniel Oca, non acodiron á Xunta ao considerar que "é un tema que por agora só debe tratarse a nivel local, na corporación de Cee, como lexítima representante dos veciños do concello, e con Portos de Galicia. A día de hoxe non hai ningunha proposta concreta sobre a que debatir", aseguran dende o Concello.

Zaira e Oca unen forzas afirmando que "o interese do goberno municipal é, por riba de todo, a creación de postos de traballo, buscando a mellor ubicación das empresas".

Esta decisión do goberno ceense supón un pequeno aviso aos membros da Neria, que ademais veñen de ver como o Concello de Corcubión se dá de baixa da entidade.

Sen FITUR

E a Xunta Directiva da Neria serviu tamén para coñecer que este ano non poderá ter presencia propia na FITUR tras 10 anos.

Do mesmo xeito informaron de que ao Centro de Coñecemento só lle falta un investimento de 18.000€ para pintura, polo que teremos que comprobar con canto retraso se inaugura unha vez que a súa apertura estaba para xuño de 2011.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios