A OAC de Corcubión organiza unha nova xornada informativa sobre axudas a explotacións agrarias

03:26 23/03/18

A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Corcubión, quere achegarse aos propietarios de explotacións agrarias da zona para axudarlles a realizar os trámites de posibles axudas. Unha axudas ás que moitas veces non acceden polo pouco que tempo que hai ou por descoñecemento.
A xornada desenvolverase o luns, 26 de marzo de 2018, de 11:00 a 13:00h na Casa da Cultura de Corcubión. José Manuel Maneiro e Dositeo Toba Quintáns falarán sobre:
- 1. Sobre sobre as axudas e subvencións ás explotacións agrarias (plans de melloras, primeiras incorporacións de mozos e axudas a pequenas explotacións).
- 2. Programa de formación e accións de divulgación que organiza a OAC de Corcubión para o 2018.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).