Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aberta do 11 ao 19 de xaneiro a inscrición para nos IES para Ensinanza de Adultos

EPA Ensinanza adultos
Aberta do 11 ao 19 de xaneiro a inscrición para nos IES para Ensinanza de Adultos

As ensinanzas de Educación de adultos ofrecen unha nova oportunidade de formación para aquelas persoas que non teñen a titulación básica, para quen non rematou a EXB, para quen precise o título de Graduado en ESO e continuar estudos en ciclos formativos, bacharelato, etc.

Así, os Institutos con formación con ensinanza para adultos (IES Fernando Blanco de Cee, IES Isidro Parga Pondal de Carballo, IES Fontexería de Muros e IES de Ponteceso) veñen de informar sobre os seus prazos de matrícula.

Do 11 ao 19 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula do segundo cuadrimestre do curso 2020-2021, por exemplo no IES Fernando Blanco, para as ensinanzas do módulo II (2º da ESO) e módulo IV (4º da ESO).

En todo caso, dende o centro ceense lembran que no caso das Ensinanzas Básicas Iniciais (destinadas a persoas adultas que precisen alfabetización básica, cálculo, aprendizaxe do idioma...), o prazo de matrícula permanece aberto todo o curso.

Comentarios