xoves. 01.05.2025
El tiempo

Alejandro Manuel Míguez Cruz imparte novos e pioneiros cursos de cans de rescate en Cee

Alejandro Manuel Míguez Cruz imparte novos e pioneiros cursos de cans de rescate en Cee
Un dos cans de rescate no Campamento do Uxio Lopez en Estorde Un can de rescate nunha xornada cos rapaces do Campamento do Uxío López en Estorde

Segue sendo Cee un dos núcleos máis importantes da provincia en canto a cans de rescate se trata. E para refrendalo, acolle uns cursos personalizados, o único lugar de Galicia onde se imparten.

O profesor será Alejandro Manuel Míguez Cruz, perito en Odoroloxía Forense e colaborador coa Universidade de Texas, é o instrutor da Unidade Canina de Cee, sita nun local do IES Agra de Raíces. Este adestrador canino para detención de substancias prohibidas, detección de olores humanos, con vida ou sen vida, cando hai unha catástrofe e leva a cabo tamén a biodetección de Medio Ambiente.

Estes cursos son personalizados e os días 25, 26 e 27 deste mes impartirá un curso centrado na materia mencionada a un alumno que vén de México ex profeso para realizar este curso. A presentación desta importante labor terá lugar o martes, 26 de xaneiro, ás 12.30 no Salón de Sesións do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios