Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Alexia Mariño segue formándose na excelencia xornalística

Alexia Marino Beiro
Alexia Mariño Beiro co seu diploma no Rectorado da UDC
Alexia Mariño segue formándose na excelencia xornalística

É xa unha artista das redes (podes vela en @_alexiamarino), pero segue formándose. Alexia Mariño vén de ser seleccionada coa mención de excelencia académica no mestrado de produción xornalística e audiovisual. A ceense recolleu o diploma no Rectorado da UDC nunha xornada moi emotiva.

”Estou super contenta porque o mestrado só conta con 15 prazas, das cales só 10 son para españois (as 5 restantes son para iberoamericanos)”, cóntanos.

Agora, tras superar un rigoroso proceso de elección, poderá disfrutar do máster gracias a unha financiada ao 100% da Fundación Inditex e a Fundación Santiago Rey. “Eu teño unha matrícula de honra no Traballo de Fin de Grao, e moi bo expediente (igual que os meus compis) e ainda así fixemos unha entrevista na que valoraron se realmente tiñamos aptitudes e actitudes para poder estar alí. Así que podemos dicir que foi doble vitoria”, relata orgullosa esta brava costeira con todo o futuro por diante.

Máis novas

Comentarios