Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Un alumno do IES Agra de Raíces obtén a mellor das notas nos premios extraordinarios da ESO ao rendemento

Mateo, o máis alto do seu club de lectura
Mateo, o máis alto do seu club de lectura
Un alumno do IES Agra de Raíces obtén a mellor das notas nos premios extraordinarios da ESO ao rendemento

Xa o coñecemos dos seus fitos arredor do Club de Lectura "Libros coma area", que o teñen levado comoinvitado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares a participar no Congreso internacional "Ler. Iberoamérica lee 2020" coma representante dos Clubs de Lectura Galegos.

Pero é que o alumno do IES Agra Raíces, Mateo Pérez Soto, segue demostrando a potencia da canteira costeira, ao recibir o recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ao seu rendemento académico a través dos premios extraordinarios da ESO para o curso.O alumno ceense de 1º de Bacharelato recibiu o Premio Extraordinario do curso 2019/2020, e recibe galardón de 750 € e cun diploma acreditativo. O recoñecemento figurará, ademais, no expediente académico de cada persoa galardoada.

Mateo leva ademais a mellor nota de entre todos os galardoados.

Novas relacionadas

comentarios