Ampliado o servizo de hemodiálese do hospital de Cee
08:07 12/06/18
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, vistou onte o hospital de Cee
Despois de meses de reclamacións, a ampliación do servizo de diálese do hospital Virxe da Xunqueira de Cee é xa unha realidade. Así o constatou onte o conceslleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante a súa visita ao centro hospitalario.
Desta forma duplícase a superficie actual da unidade, que pasa de 90 metros cadrados a 188. Así mesmo, os postos de atención aos pacientes se incrementan de 4 a 12. Tamén se aumenta o persoal sanitario para adecualo ás necesidades do novo servizo. A anterior unidade de diálise atendía 4 pacientes en quenda de mañá e 4 en quenda de tarde, os luns, mércores e venres. Nas novas instalacións de diálise estanse a dializar actualmente 7 en quenda de mañá e 7 en quenda de tarde. En datas próximas se dializaran 8 de mañá e 8 de tarde. A capacidade é para 12 pacientes de maña e 12 de tarde, que se incorporarán de forma progresiva en función da demanda asistencial desta patoloxía.
O partido socialista levou en varias ocasións este tema ao parlamento galego debido a que este é un servizo que afecta a ducias de veciños e veciñas da Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Xuño 2018: Amplian o servizo de diálese do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
- Maio 2017: Os Socialistas piden no Parlamento a ampliación do servizo de Hemodiálese do Hospital de Cee
- Abril 2017: O PSdG reclama que o goberno galego garanta as necesidades básicas no hospital de Cee.
- Marzo 2017: O PSdeG respóndelle ao Sergas sobre as deficiencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
- Marzo 2017: O PSdeG esixe que a Xunta tome medidas urxentes ante o desmantelamento do hospital de Cee
- Marzo 2017: A oposición pide explicacións sobre a concesión da cociña e a cafetería do HVdX
- Marzo 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- Marzo 2017: O PSdG denuncia a paralización do desmantelamento encuberto do Hospital de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Sergas