Ana Oca fala da representación feminina no audiovisual galego na Previa de AGalega
Xa podedes ver na nova plataforma de contido dixital de CRTVG, AGalega, o derradeiro episodio da primeira tempada de A Previa, un programa feito por e para a mocidade do país, para a xeración Z, presentado por dúas das máis prometedoras creadoras de contidos do país: Belén Puime e Uxía Váxquez (natural de Coristanco).
Este último capítulo conta con Ana Oca como convidada, unha actriz ceense con experiencia en actuación en obras como La Isla de las Mentiras (Paula Cons, 2020), na que falará da interpretación e a representación feminina no audiovisual.
Este formato estreouse falando sobre a estética co carballés Cés, modelo e DJ, como primeiro convidado.
Á espera de confirmar unha segunda tempada, a súa produtora, Brava (@brava.gal), xa está a traballar en tres novos formatos para a mesma plataforma con creadores galegos como Lucía Estévez, Miguel Canalejo, Cristela Torres ou Álvaro González.
Ver a Ana Oca en A Previa
Histórico de Ana Oca
- Outubro 2022: Xa temos o teaser do telefilme "O Amparo da Xunqueira" con Ana Oca como protagonista.
- Outubro 2020: Ana Oca e Muros invaden os cines de Galicia cun novo premio.
- Xullo 2020: Ana Oca e o pobo de Muros, protagonistas do filme “A illa das mentiras”.
- Xuño 2020: Tuéjele Teatro, con Ana Oca, recibe outro premio
- Maio 2015: Ana Oca estréase como actriz en Hospital Real.
- Marzo 2015: Ana Oca tamén quere ser actri.
- Xaneiro 2015: Ana Oca deixa Masterchef pero queda nos corazóns de millóns de espectadores