Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Anuladas as ordes de derribo dunha planta dun edificio de Cee para que todos os afectados comparezan no procedemento

Edificio en Cee
O nº226 da Avenida de Fisterra
Anuladas as ordes de derribo dunha planta dun edificio de Cee para que todos os afectados comparezan no procedemento

Novidade de materia xudicial-urbanísitica en Cee, sobre un edificio, o número 226 da Avenida de Fisterra, sobre o que pesaban dúas sentenzas (en primeira e segunda instancia) que obrigaban a derrubar unha das súas plantas.

Pero a sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén anular devanditas sentenzas, aceptando o incidente de nulidade promovido por un dos prexudicado. A chave está en que “varios propietarios non foron emprazados polo Concello de Cee a pesar de saber da súa existencia”, de xeito que a partir de agora volve comezar o procedemento no momento en que deberon ser emprazados polo Concello.

“En conclusión, non cabe discutir o interese da persoa que promove o incidente de nulidade, de forma que se vería afectada pola execución da sentenza”, indican os xuíces, os cales destacan que “o relevante neste caso é a posible indefensión que se lle derivaría ao non poder facer uso da súa posibilidade de intervención”.

Comentarios