Venres. 29.03.2024
El tiempo

Anuncian o arranxo da estrada da fábrica de Brens

talud na estrada da fabrica de Brens
Visita institucional á estrada da fábrica
Anuncian o arranxo da estrada da fábrica de Brens

Semella que a Xunta escoitou a demanda da oposición que pedía aínda a semana pasada que fose a Xunta a que solucionase o problema cos desprendimentos na estrada da fábrica de Brens. Un problema recorrente que acontece cada vez que hai temporal de auga, como pasou coa Borrasca Karim.

Pois hoxe achegábase unha delegación da Xunta de Galicia para anunciar que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade actuará nesta zona de forma urxente, no punto quilométrico 2+000 da AC-550. Serán 44.000 euros os investidos para mellorar o primeiros 60 metros do noiro desde a estrada AC-550, dado que é a
zona do viario inferior con menos anchura, máis preto da estrada AC-550 e, polo tanto, onde se fai necesario actuar pola circulación que se rexistra tanto no viario inferior coma no superior.
Esta obra ten unha previsión na súa execución dun mes e será necesario pechar a estrada ao tráfico entre dúas e tres semanas.

A actuación prevista contempla un "cosido e reforzo xeral mediante bulóns que compensen o peso dos elementos con potencial de desprenderse, sendo especialmente importante empezar polo sostemento o máis baixo posible, que é a zona máis deteriorada para previr e evitar desprendementos de máis importancia".

Comentarios