domingo. 10.11.2024
El tiempo

APEM aproveita o Día da Saúde Mental para facer unha reflexión colectiva en Cee

Saude Mental en Cee Charla
APEM aproveita o Día da Saúde Mental para facer unha reflexión colectiva en Cee

Co motivo da celebración do Día da Saúde Mental, esta semana, APEM recibe a visita ao centro do psiquiatra do Hospital Virxe da Xunqueira, Lucas Mera Gallardo e da enfermeira especialista en saúde mental, Sonia Riveiro Pazos, quen guiarán unha charla-coloquio cos usuarios da Unidade Residencial (UR) e do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL).

Tamén se poderá ver dende 8 ao 13 de outubro na casa da Cultura de Cee unha pequena mostra dos materiais feitos polas persoas usuarias de APEM asi coma unha mesa informativa dos programas e servicios que a asociación ofrece.

O acto central da semana será o propio xoves,10 de outubro: Dia Mundial da Saúde Mental, das 10:00 ás 13:30 hs. na Casa da Cultura de Cee. Dárase lectura ao manifesto (elaborado polo Comité Pro Saúde Mental e a Rede Estatal de Mulleres de Saúde Mental España) e uniránse a APEM nesta ocasión tan especial a que está invitada toda a poboación, varios profesionais e entidades de diferentes sectores, para tratar dende diferentes perspectivas o lema deste ano o lema de "Saúde e Traballo: vínculo fundamental".

 

Comentarios