A depresión e o suicidio en 20 cifras
O pasado mes a Sociedad Española de Psiquiatría y Salud Mental organizaba un foro virtual sobre a Depresión e o Suicidio en Galicia. Unha serie de ponencias moi interesantes que puxeron de manifesto a necesidade de romper os tabús e falar do tema, porque “Falar do suicidio protexe”, como recoñecen os profesionais e como nos contaba hai pouco a especialista costeira Cristina Canosa.
Todos os ponenten destacaron a “crise mundial de saúde mundial” na que vivimos, nestes tempos de “tsunami de patoloxías mentais”, polo que calquera exercicio que fomente a prevención do suicidio é fundamental.
Un dos puntos máis destacados é a necesidade de investimento nestas causas, e os especialistas lembran que o investimento en saúde mental ten un retorno do 1:5, é dicir, que cada euro investido en saúde mental ten un retorno na sociedade en forma de 5 euros. “É correcto, rentable e urxente investir en prevención”, conclúen.
Nesa liña, puxeron o exemplo do ben que funcionan as campañas de tráfico para reducir a mortalidade, ata o punto que a día de hoxe as mortes por suicidio (a primeira causa de mortalidade externa no estado) duplican ás mortes por accidente de tráfico.
Tras ver as ponencias, facemos un repaso das ideas máis importantes que consideramos foron saíndo:
Depresión en cifras
- OMS considera que a depresión é unha das causas máis importantes de discapacidade no mundo.
- 1 de cada 5 mulleres e 1 de cada 10 homes sofren depresión en España.
- Galicia é a cuarta comunidade de España en prevalencia de cadros depresivos graves, cun 3,3%, ao que hai que sumarlle outro 2,2% que sofre outras patoloxías depresivas.
- A depresión afecta a 3 millóns de persoas en España e a 37 millóns de persoas en Europa (este dato de 2017).
- A depresión representou un coste de 6.000 millóns para España en 2017, do que o 82% foron costes indirectos (baixas, incapacidades, familiares que teñen de deixar de traballar para afrontar os coidados…)
- O coste medio por paciente con depresión está entre os 3.800 e os 5.800 euros.
- O 90% das persoas que morren por suicidio teñen antecedentes de enfermidade mental.
- O 15% das persoas con depresión se suicidan.
- A depresión aumenta 20 veces o risco de suicidio, máis que ningunha outra enfermidade.
Suicidio en cifras
- Preto de 4.000 persoas faleceron por suicidio en 2020 en España.
- En España prodúcese un sucidio cada 2,5 horas.
- 3 de 4 persoas que se suicidan son homes.
- Cada suicidio afecta íntima e profundamente, a 6 persoas.
- En España suicídanse unhas 7,7 persoas por cada 100.000 habitantes, unha cifra algo máis baixa que a media europea (11,34) e lonxe de países como Sudáfrica (23,5), Xapón (15,3) ou EEUU (16,3).
- En España, o suicidio é a primeira causa de morte entre os 10 e 30 anos (máis que accidentes de tráfico…).
- En Galicia houbo 331 persoas que faleceron en suicido, case 1 suicidio diario, unha cifra practicamente repetida na última década.
- Galicia é a segunda comunidade autónoma, só por detrás de Asturias, con maior número de suicidios.
- En Galicia, o suicidio máis habitual está protagonizado por un home (entre 51 e 80 anos), que se quita a vida por aforcamento no seu propio domicilio.
- A unidade de prevención de suicidos da Área Sanitaria A Coruña Cee, creada en 2021, realizou unhas 1.600 atencións en 2022 e unhas 1.000 en 2021.
O FORO
Novas relacionadas
- Cristina Canosa: "Manter o suicidio como un tabú provoca que siga sendo unha cuestión silenciada e estigmatizada”.
- Decembro 2021: Andaina PSM quere falar sobre o suicidio.
- Decembro 2020: A Costa da Morte, abatida tras cerciorar a sucesión de dous suicidios nun día.
- Outubro 2019: Luís Cores, de APEM: "Cando intentei suicidarme a xente non fixo nada, pensan que ao final non o vas a facer”.
- Outubro 2019: Galicia senta a falar do suicidio.