mércores. 30.04.2025
El tiempo

Artesanía e empresariado tecen redes en Stoupa

Stoupa_grupo
Artesanía e empresariado tecen redes en Stoupa

Acolleu este xoves a Galería Stoupa de Cee unha nova “Xornada de Artesanía da Costa da Morta". Acodiron á cita vicepresidenta da CMAT, María Lema, o presidente de APTCM Pepe Formoso, e un grupo de empresarios de Costa da Morte que quixeron participar na exhibición: Hotel Meiga do Mar, BelaFisterra, BelaMuxía, Hotel Boutique Mar do Ézaro, Nemiñarea, Arrueiro.

Stoupa_xornada da Artesanía
Begoña Paz con María Lema e Pepe Formoso

Esta xornada formou parte das accións de divulgación da artesanía de Costa da Morte por parte da CMAT e tiña como obxectivo poñer en valor o traballo da artesanía local e crear sinerxias entre o tecido empresarial do sector turístico e os artesáns do noso territorio. A actividade estivo distribuída en dous obradoiros.

Gorín _torno
Gorín _torno

Primeiro, o Fran Gorín fixo unha “Demostración ao Torno de Olería de Buño”, mostrando a Olería de Buño como a artesanía con máis historia da Costa da Morte, dándolle valor ao proceso de elaboración (deseño, decoración, secado, cocción…) das pezas de barro de Buño desde a súa creación ata a súa saída ao mercado.

De seguido, Begoña Fernández Paz, responsable de Stoupa falou da “Artesanía da Restauración", apostando pola creación de propostas de decoración adaptadas e exhibición de pezas de madeira, cerámica, cestería e téxtiles de artesáns da Costa da Morte que traballan con mobiliario, vaixelas, pezas ornamentais e demais elementos para utilizar no mundo da restauración e a hostalería vinculada ao sector turístico do territorio. 

Galeria Stoupa en Cee

Comentarios