Asinados os convenios que achegan á UDC a Corcubión, Cee, Dumbría e Fisterra
13:38 28/03/18
Sinatura entre a UDC e o Concello de Corcubion
Este mércores, o Concello de Corcubión asinaba dous convenios coa Universidade da Coruña para desenvover novas accións formativas na comarca. O reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, e o alcalde, Lalo Insua, deixaron asinado dúas propostas. Por un lado, o desenvolvemento de dúas xornadas “A universidade agarda”, enfocado a alumnos e alumnas da comarca que acaban o seu ciclo escolar, uns 120 alumnos e alumnas dos IES Fernando Blanco e Agra de Raices de Cee. A cita terá o 6 de abril na Casa da Cultura será aberta a quen desexe acodir, con inscrición previa.
Ademais, o segundo convenio permitirá e a realización de prácticas externas curriculares no Concellos por parte do alumnado da UDC de Ciencias da Educación.
Novas relacionadas
- A Universidade da Coruña tamén se achega aos futuros alumn@s da comarca de Fisterra.
- 65 maiores sumérxense na aventura do saber da Universidade da Coruña Sénior na Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).