#AxendaCostadaMorte cos tradicionais Enterros para pechar o Entroido

11:05 16/02/18

Parte de 4gotas.com
A fin de semana terá un pouco de todo. Un venres pasado por auga. Choverá durante gran parte do día en toda a Costa (serán máis intensas pola mañá e no litoral entre Fisterra e Muros), estarán os ceos grises durante toda a xornada e aínda haberá ondas de 5 metros de altura no litoral. O sábado comeza a entrar un anticiclón. O vento acabará rolando ao nordés durante a tarde (xa será do noroeste na tarde do venres, sendo do norte na mañá do sábado) e irá limpando o ceo de nubes. Iso si, no extremo norte da Costa da Morte (arredores de Malpica) aínda quedarán chuvias febles na mañá do sábado e bastantes nubes o resto do sábado. No resto da Costa da Morte xa predominará o sol. O domingo será un día de sol, só con néboas matinais no interior. Irá frío na madrugada, e no norte, co nordés tamén se notará ao mediodía. Así que, o entroido acabará sen chuvia (o venres aínda quedará en toda a Costa e na madrugada e primeiras horas do sábado podería afectar a Buño).Entroidos costeiros
- Buño: Enterro da Mikaela, a gran festa da mocidade de Bergantiños, o vía Crucis de bares da longa tarde-noite de sábado.
- Muxía: Enterro do Percebe na tarde do sábado.
- Baíñas: A festa do Entroido de Baíñas celébrase o sábado.
- Fisterra: pechando o tradicional entroido fisterrán coa recuperada Queima do Polbo.
- Cee: O día grande do Entroido de Cee, o concurso de Comparsas, celébrase este sábado.
- Malpica: O Domingo de Piñata de Malpica celébrase por todo o alto cos Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda, e os enterros do Farruco de Seaia e do Faustino de Malpica.
- Laxe: O domingo, unha das citas máis auténticas é o Enterro do Caietano de Laxe.
- Corme: O domingo tamén hai unha completa festa do Entroido en Corme.
Citas singulares
- O venres o Centro Cultural de Sofán acollé unha das fermosas Historias de Inverno de Senda Nova.
- O programa Reláxese trae unha Cata de Queixos en Laxe para a tarde do venres:
- Parta a tarde do venres tamén temos un concerto infantil en Carballo.
- O sábado déixanos tamén unha tarde de inverno infantil en Vimianzo.
- Xa para a noite sabatina, Concerto homenaxe aos Beatles en Vimianzo.
- O domingo arrinca o Febreiro de Rosalía en Cee con Talía Teatro.
Exposicións
- A Tenda Turística Stoupa acolle este mes unha exposición do autor muradano Roque Rey.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)