A Biblioteca de Cee xa ten o seu Marca-páxinas na rúa
Un ano máis, e xa van quince, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee está a facer o reparto, polos diferentes centros de ensino e centros sociais, do marca-páxinas gañador do XV Concurso “En busca do noso marca-páxinas”. A gañadora foi a obra realizada por Irene Domínguez Rodríguez e que leva por título “Se leo, escribo mellor”.
Do marca-páxinas gañador (figurando no reverso o calendario do vindeiro ano) faise unha tirada de 3.000, a cal é patrocinada pola Imprenta Paco de Cee, colaboración que mantén dende a terceira edición do Concurso “En busca do noso Marca-páxinas”.
A entrega deste pequeno agasallo se fai para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos convocados pola Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, mostrando o traballo gañador e lembrando co calendario que no próximo ano teñen unha cita coa Biblioteca e os seus concursos, e tódolos días do ano cos seus libros.
15 anos de concursos de achegamento á Cultura
O número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2019 foron un total de 203 traballos (55 ao de marcapáxinas; e 148 ao de Achegamento ao Libro) sendo xa un total de 7.402 traballos presentados nos 28 anos de vida dos certames (1992-2019).
Novas relacionadas
- 2019: A Biblioteca de Cee xa ten os seus escolares gañadores dos concursos de Achegamento ao Libro e Marcapáxinas.
- Maio 18: A Biblioteca de Cee xa ten gañadores dos seus Certames Literarios.
- Maio 2017: Os certames escolares culturais da Biblioteca Francisco Mayán alcanzan os 7.000 traballos presentados.
- Maio 2016: Máis de 400 rapaces achéganse á cultura cos certames da Biblioteca de Cee.