domingo. 08.12.2024
El tiempo

O BNG de Cee lanza a súa campaña contra o negacionismo da violencia de xénero

Montse Canosa e a campaña do BNG de Cee polo 25N
Montse Canosa e a campaña do BNG de Cee polo 25N
O BNG de Cee lanza a súa campaña contra o negacionismo da violencia de xénero

Arrincou onte o BNG de Cee a súa campaña de denuncia e concienciación con motivo do 25N. Fíxoo coa pegada de carteles informativos nas rúas e nas redes sociais con información sobre a volencia de xénero, as causas, as formas, as consecuencias e as solucións.

Lanzarán tamén varios videos de denuncia sobre actitudes machistas que, a miúdo, poden pasar desapercibidas na vida cotiá.

Ademais, presentarán dunha moción no vindeiro pleno do venres 24 deste mes, e o propio sábado 35 lanzarán faroliños, en homenaxe as vítimas, na praia da Concha.

O Manifesto

Ante o negacionismo e a banalización da violencia machista, é urxente un compromiso da sociedade e das institucións. Máis aínda nun contexto no que vimos de ver como no que vai de 2022 aumentaron os feminicidios tanto en Galiza como no conxunto do Estado. Esta situación, que se dá ademais nun contexto sociopolítico de avance dos discursos machistas, debe facer saltar todas as alertas nas administracións públicas e levar á revisión dos mecanismos previstos para mellorar a prevención e a intervención, así como para concienciar á sociedade das consecuencias do patriarcado e da falsidade dos discursos que cuestionan a súa existencia.
Cómpre, mais que nunca, concienciación, denuncia das violencias e unha forte actividadade para rematar coa situación actual.

MÁIS NOVAS DO #25N

Comentarios