martes. 16.12.2025
El tiempo

O BNG de Cee presenta as súas enmendas aos Orzamentos da Xunta 2026

Membros do BNG na entrada de Cee
Membros do BNG na entrada de Cee
O BNG de Cee presenta as súas enmendas aos Orzamentos da Xunta 2026

O BNG non fica calado ante a falta de iniciativas para Cee expostas na proposta de Orzamentos que presentou a Xunta para 2026, polo que vai presentar vía o grupo parlamentar no parlamento galego, as seguintes enmendas:

  • Seguridade viaria, o acondicionamiento e dotación de servizos nasa travesías  da estrada AC-552 (Avd. Fisterra) e da C-550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cee.
  • Mellora dos recursos materiais, espazos e plantiña do Hospital da Virxe da Xunqueira, para acurtar tempos de espera en consultas e intervencións.
  • Construción dunha base de loita contra a contaminación mariña, e equipamento da mesma, no peirao de Brens.  As instalacións do peirao, pola súa posición e proximidade o corredor marítimo de Fisterra, e o risco potencial da zona ante vertidos mariños, resulta un lugar estratéxico para a dotación deste tipo de bases.
  • Sistemas para operatividade no heliporto Ruibo. Dotar a base de Ruibo dos dispositivos necesarios para o seu funcionamento e o traslado definitivo do helicoptero e equipo de salvamento marítimo a esta base.
  • Saneamento integral da ría de Corcubión (drenaxe dos fondos mariños). A contaminación existente é o maior impedimento para a diversificación das actividades marisqueiras que noutrora se daban nela. 
  • Acceso Porto de Brens. A conexión do porto  co polígono empresarial, é impresindíbel para o desenrolo de actividades en ambas infraestructuras.
  • Construción dun centro de día no solar do actual centro de saúde, e que pode compartir, dando dúas plantas de altura, co centro médico. Cee carece de prazas de atención a persoas maiores.

Máis info

Comentarios