Buscan galegofalantes da Costa da Morte para un estudo universitario sobre as variedades dialectais

10:52 19/03/24
Se nalgo seguimos sendo potencia é na nosa fala. E de aí que as produtoras de cine busquen novos talentos na nosa comarca para os seus castings ou que as universidades poñan o foco na nosa rapazada para os seus estudos.
Desta volta o investigador visitante no Instituto da lingua Galega Vítor Bargiela, da @UNED, anda na procura de informantes da nosa Costa da Morte.
Buscan analizar as variedades dialectais do país polo gravarán as voces dos participantes.
Cómpre ter entre 22 e 30 anos ou máis de 60, e se queres participar no estudo podes enviar un correo a vbargiela@flog.uned.es.