Campaña #Salvacadelos: Demasiados cans para poucos fogares
Seguimos coa Campaña de concienciación que a Clínica Veterinaria Argos de Cee, a casa de Salvacadelos, quere facer a través destas liñas. Xa temos falamos da importancia e obrigatoriedade do chip, e nestes tempos de verán, da problemática de abandonos.
Precisamente hoxe toca falarmos de responsabilidade. Toca falar claro, toca poñer as cousas que nunca se queren dicir enriba da mesa. I é que hai demasiados cans na nosa sociedade. Demasiados para que as escasas canceiras ou protectoras da zona poidan salvalos a todos.
Como reducir o númeo de cans sen fogar?
Hai que reducir o número de cans sen fogar. Así de sinxelo e de complicado á vez. E aí é cando toca falar da responsabilidade de cada un de nós, de cada persoa que ten un can. Son varias as medidas para reducir ese número: evitar camadas non desexadas (esterilizando femias ou buscando casa antes de que paran) e adoptando.
Hai que realizar un severo control das camadas, e a esterilización ten que deixar de ser un tabú. É complicado falar de “naturalidade”, un dos argumentos que todos usamos cando queremos deixar que a nosa cadela teña unha camada antes de esterilizala. É natural que despois eses pequenos canciños non teñan casa? En todo caso, aí chega a segunda pata: se a nosa cadela quedou embarazada, imos facer todo o posible por conseguirlle fogar a todos os fillos, e non esperar á última hora e despois deixalos abandonados nun monte ou levalos a todos á protectora de turno.
Dende Salvacadelos queremos deixar claro que as cadelas non necesitan parir para estar sanas e completas. Unha cadela esterilizada deixa de ter esas necesidades, polo tanto non sofre por non ter unha camada que, ademais, despois non vai poder coidar.
En todo caso, e se non queres estirilizar á túa cadela, ten conta dela, tena controlada para que non quede preñada, porque cando unha sociedade acolle demasiados animais, é imposible facerse cargo de todos.
Por un futuro sen canceiras
Parece unha utopía, e moitas veces non queremos mirar en fite a realidade das canceiras. Cómpre apelar á responsabilidade de todos para soñar cun futuro onde non haia canceiras, onde non fagan falta as protectoras. Pero para iso, todos temos que poñer da nosa parte, é a nosa responsabilidade.
Campaña de concienciación de Argos e Salvacadelos
Máis información de Salvacadelos
Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC. posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar.
Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:
- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
Novas relacionadas
- Salvacadelos ten novo fogar.
- Exemplos prácticos do ben que funciona Salvacadelos.
- Un perfecto modelo saído de Salvacadelos.
- A historia do gato e a salvadora Meme.
- A viaxe salvadora de Tripod.
- Pinio medra feliz en Suiza.
- A incrible historia de Pinio.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).