Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carlos Fdez. Coto falou en clave de parimonio no Mes da Fundación

  • Esta semana Cee recibe a dous dos mellores contadores do país.​
Carlos Coto en Cee
Carlos Coto en Cee
Carlos Fdez. Coto falou en clave de parimonio no Mes da Fundación

A súa conta de twitter @maltratopaisaxe é unha das máis combativas do país en clave de coidado do patrimonio. Pero Carlos Henrique Fernández Coto ten moita máis historia detrás. Titulado en Arquitectura na especialidade de Urbanismo pola Universidade de Santiago, é tamén Doutor Arquitecto especialista en Urbanismo e Restauración Arquitectónica pola Universidade da Coruña.

Compaxina a actividade profesional privada no edificios corporativos para empresas, e vivendas unifamiliares, coa pública como responsable e director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. E sobre todo, é un recolecido activista pola protección do patrimonio cultural, arquitectónico, urbano e inmaterial de Galicia como Presidente da Asociación para a defensa do patrimonio cultural galego APATRIGAL entre outras moitas entidades.

Con este CV, ao que habería que engadirlle unha marea de premios, mesmo internacionais, chegou esta semana a Cee no marco do programa O Mes da Fundación Fernando Blanco.

Na conferencia do pasado sábado salientou que "Galicia ten, nada mais e nada menos, que o 55% do patrimonio de todo o estado español. Pero quizais esa fortuna patrimonial non estea producindo na cidadanía os efectos que debera, fortalecendo o orgullo e o sentimento de pertenza a este afortunado país, tal vez polas políticas culturais e educativas que merece este legado.

"Coñecer o patrimonio cultural e natural galegos dende a nenez, divulgalo e difundilo a través dos medios de comunicación, é o xeito de que poidamos transmitilo ás xeracións futuras nas mellores condicións"

O século pasado Galicia foi vítima de varias ameazas que foron minando ese legado cultural, e neste século temos outras que poden ser incluso mais letais. É por iso que as accións de divulgación como a do pasado sábado son imprescindibles pero insuficientes.

Todas as entidades teñen unha responsabilidade moi importante, dende as administracións, os medios de comunicación e todo aquel galego que poida facerlle ver e amar aos demais esta fortuna que herdamos, única e irrepetible, e que forma parte da nosa entidade como pobo".

Vindeiras citas

Esta semana temos citas especiais con dous contadores absolutamente xeniais como o Caxoto e o vimiancés Vicente Mohedano:

  • MÉRCORES 25 DE OUTUBRO. SESIÓN DE CONTOS "DE ALÁ DE ONDE EU VEÑO". FELIPE DÍAZ VALLE "CAXOTO". Para alumnado de 1º e 2º da ESO do Colexio Manuel Rial Mouzo, IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco de Cee.
  • SÁBADO 28 DE OUTUBRO. 20:45 HORAS. CASA DA CULTURA DE CEE. DISCURSHOW "CÓDIGO ALFA". VICENTE MOHEDANO. Público en xeral con entrada gratuíta.

Caxoto e Vicente Mohedano en Cee

Máis novas

Comentarios