Luns. 14.10.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco reflexionou sobre as foliadas con Sara e Marina

Concerto da percusionista Sandra Pérez Míguez e a gaiteira Marina Fdez Vigo na Fundacion Fernando Blanco
Foto de Rafa Quintáns
A Fundación Fernando Blanco reflexionou sobre as foliadas con Sara e Marina

Esta fin de semana o Auditorio Baldomero Cores enchíase para a segunda xornada do Programa O Mes da Fundación Fernando Blanco de Lema na súa sección para o público en xeral.
Foi co Concerto Comentado "Axúdame, compañeira, a facer a foliada: a gaita e a percusión na música tradicional galega" da man da gaiteira Marina Fernández Vigo e da percusionista Sandra Pérez Míguez.

Na charla-concerto realizouse unha viaxe a través da historia da música tradicional galega mediante o dúo simbiótico que supoñen a gaita e a percusión. Comezando na gaita solista acompañada por tambor, o concerto repasasou a posterior incorporación do bombo á formación; ata chegar á actual composición de obras que exploran outros instrumentos non presentes na tradición galega, como a marimba.

Así mesmo, o uso de instrumentos de percusión habitualmente asociados ó canto (neste caso acompañando á gaita) fixo fincapé na diferente filiación dos instrumentos dependendo do contexto no que se empregasen (ámbito doméstico ou escénico) coa conseguinte reflexión en clave de xénero.
Buscouse, de igual modo, reflexionar criticamente no papel da percusión como mero acompañamento, entendendo que supón, xunto coa gaita, un elemento imprescindible deste dúo.

Máis citas

O programa continúa o martes 17 con varias sesións de planetario portátil con Íñigo de la Quadra-Salcedo para o alumnado de quinto de primaria dos colexios Manuela Rial é Vila de Cee. 

Comentarios