Luns. 07.10.2024
El tiempo

Carracedo compartiu o seu ADN Forense con Cee

Carracedo compartiu o seu ADN Forense con Cee
Carracedo en Cee 1 Impresionante o doutor Ángel Carracedo en Cee Carracedo en Cee Ángel Carracedo en Cee

Fantástica, como non podía ser doutro xeito, a charla impartida por Ángel Carracedo o pasado sábado dentro do Programa "O Mes da Fundación".

Dun xeito maxistral e o mesmo tempo ameno e didáctico, o Doutor Carracedo explicou que é o ADN, para que serve e o que se pode descubrir a través del. Repasou tamén algúns dos casos máis medíaticos nos que o Instituto de Medicina Legal de Santiago participou axudando a resolvelos mediante o fundamental traballo que nesa institución desenvolven (crime das nenas de Alcásser, José Bretón ou o recentemente resolto de Eva Blanco).

Coa humildade que o caracteriaza eloxiou ao gran equipo co que traballa (máis de 100 persoas), e logrou que o auditorio da Casa da Cultura de Cee vivira unha xornada inolvidable.

Non deixa de enviarlle loubanzas a xente da Fundación que cada vez que pode o trae á Cee. Xa estivera no ano 2013, na 1ª edición do Programa do Mes da Fundación impartindo unha conferencia para os alumnos/as de bacharelato dos dous institutos de Cee. "Un home excepcional, cunha traxectoria envexable e cunha forma de ser digna de loubanza", sinala o coordinador da Fundación Darío Areas.

Fonte

Comentarios