Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Casa da Cultura de Cee volveu convertirse nun bosque galego polas Xornadas Micolóxicas

Un ano máis, e xa van 19, as Xornadas Micolóxicas Costa da Morte que artella a Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo volveron ser un éxito. A Casa da Cultura de Cee convertise, unha vez máis, nun bosque galego en pleno outono, enchéndose (este ano había abundancia) de cogumelos de todas formas e cores.

Castro Marcote Jose Ramon Martinez e Manolo Pose Carracedo nas Exposicion de cogumelos das Xornadas Micoloxicas de Cee-Foto-Rafa Quintans 1
Castro Marcote, con Jose Ramon Martinez e Manolo Pose Carracedo dando unha das visitas guiadas pola Exposición de cogumelos das Xornadas Micoloxicas de Cee-Foto-Rafa Quintáns
A Casa da Cultura de Cee volveu convertirse nun bosque galego polas Xornadas Micolóxicas

Ademais, a novidade deste ano foi a saída aberta do venres para apañar cogumelos. A convocatoria resultou un éxito, a pesar das malas predicións meteorolóxicas, e 37 persoas se animaron (tiveron que cortar porque se non se desmadraba) a saír con Andrés Rodríguez e Diego Roget, para apañar especies da zona.

Ese mesmo venres outras dúas persoas saían polos montes costeiros, e outros catro amig@s de Pan de Raposo repartíanse Galicia dende Guitiriz ata Cee, para apañar toda clase de especies. Aló foron José Manuel Castro Marcote, Manolo Pose, Chemi Traba, Roberto Montes, José María Costa, e dous amigos de Asturias, Manuel Ocaña e Juanín, coordinados para non repetirse, e conseguiron apañar máis de 200 especies.

Saida por cogumelos con Pan de Raposo
Imaxe da saída enfamilia do venres

Exposicion de cogumelos e debuxos das Xornadas Micoloxicas de Cee-Foto-Rafa Quintans 1
Foto da exposición de cogumelos e da exposición de traballos escolares de Rafa Quintáns

”Había moitísma especies, e collemos algo máis de 200 especies, porque non collen máis. Pero como había moita variedade puidemos centrarnos nas especies grandes e vistosas, e collemos cousas moi velenosas ou comestibles”, explica Marcote.

Unha das estrellas foi a de cortinarius praestans, moi rara en Galicia, o único cortinarius comestible de verdade, que ademais chega a 25 cm de diámetro, polo que é moi vistosas. Tamén vistosas eran as cortinariis rubicundulus, cuns tons moraos ben singulares. En todo caso, as famosas phalloides sempre chaman a atención, e houbo unha curiosidade, unha especie moi bonita que vén de Madagascar, que se traslada polos portos de madeira, e que é unha das poucas especies de cogumelos invasiva, pero ao non ser parásita non vai provocar graves consecuencias.

Cortinarius praestans especie moi rara en Galicia que conseguiu Pan de Raposo
Cortinarius praestans especie moi rara en Galicia que conseguiu Pan de Raposo

Exposicion de cogumelos das Xornadas Micoloxicas de Cee-Foto-Rafa Quintans 1
A cortinarius rubicundulus na expo-Foto-Rafa Quintáns

A afluencia foi tan positiva coma sempre, se ben o sábado, co gallo da ponte e de Difuntos, si que baixou algo durante a mañá. Pero moita xente, dos que saben algo e dos que non saben nada, acode directamente ás horas das interesantes visitas guiadas pola exposición por Marcote e Manuel Pose Carracedo. Ademais, este ano coas actiividades para cativos, que contaron con dúas persoas pendentes, e a exposición dos traballos escolares, permitiiu que houbese un público máis familiar.

Tamén resultou moi interesante a sesión de microscopio con Chemi Traba. A pantalla na que se olla o que sae do microscopio deixa á xente moi sorprendida polas estrutiras singulares e curiosas que deixan os cogumelos, que non son máis que os aparatos reprodutores do reino funghi.
Tamén as confrencias, na sala de arriba, con Chemi Costa e José Manuel Castro Marcote foron ben recibidas xa por xentes de máis coñecemento.

Sesion de microscopio nas Exposicion de cogumelos das Xornadas Micoloxicas de Cee-Foto-Rafa Quintans

Ruta gastronómica?

A que de verdade é unha pena que non saia adiante é a ruta gastronómica. A falta de implicación da hostalería, a pesar da vontade da xente de Pan de Raposo e da Asociación de Empresarios ata hai poucos anos, non permite que se artellen unhas boas xornadas gastronómicas dos cogumelos que de seguro, como pasa en toda a comarca, serían de gran relevancia e servirían para dinamizar o sector.

Só o Hotel Larry se apunta á degustación e son moitos os amigos dos cogumelos que pasan a disfrutar as tapas especiais.

Exposicion de cogumelos das Xornadas Micoloxicas de Cee-Foto-Rafa Quintans 2
Fermosa foto da expo de Rafa Quintáns

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios