Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cee acolle Campus de fútbol, FS, baloncesto, tenis de mesa, ximnasia, baile piscina, taekwondo…

Programas de Futbold e veran en Cee
Cee acolle Campus de fútbol, FS, baloncesto, tenis de mesa, ximnasia, baile piscina, taekwondo…

Presentouse a semana pasada en Cee o DEPORCAMPUS que volverá, por segundo ano, á vila da Xunqueira, gracias á colaboración entre Cee a Fundación RC Deportivo de La Coruña e coa colaboración do Unión Club Cee e o Bergantiños-Escolas Luis Calvo, así como do concello de Cee.

O Campus desenvolverase no San Paio de Refoxos do 27 de xuño ao 1 de xullo, a partir das 9:30h, para nenos e nenas de 6 a 14 anos. Poden inscribirse on line ata o xoves 23 de xuño ás 12:00 horas, pedindo información en email [email protected] ou ben no teléfono 981.259500 (ext. no 1-2)

Programa Deportivo

Programas de Conciliacion de Cee

O departamento que dirixe Manolo Calo presentou tamén o programa deportivo para o verán.

Unha das propostas son os campamentos de verán “Deporte e verán”, pensados para nen@s de 7 a 14 anos, en 4 quendas de 2 días do 4 ao 27 de xullo, de 10:00h a 13:00h, con talleres de condución vial con quads infantís e unha gran ximcana lúdico- deportiva no areal da praia da Concha, serán as actividades protagonistas deste programa.

O programa Respira, que se desenolve no CEIP Eugenio López, é o máis parecido a un campamento de conciliación, con quendas de 45 nenos de 3 a 10 anos en horario de 10:00h a 14:00h.

Campus Deportes Cee

Entre o luns 27 de xuño ao sábado 2 de xullo desenvolverase o 5º Campus de Fútbol Sala “Clínica Baldomar” do F.S.F. Villa de Cee, para nen@s de entre 6 e 13 anos.

O ACB Costa da Morte tamén prepara o seu campus, do 5 de xullo ao 30 de agosto, para nen@s de entre 4 e 17 anos.

Non poden faltar tamén os Campus do UC Cee, que se desenvolverán durante o mes de xullo tanto para a base masculina como para a súa aposta polo futfem.

Tamén o Club Cee deportes de Contacto prepara a súa escola de verán de taekwon-do ITF e kick boxing serán as disciplinas que se desenvolverán nesta escola deportiva. A partir dos 4 anos todos poderán aprender no pavillón de Brens.

A piscina ten tamén o seu campus multideporte.

E a Agrupación Deportiva Zas tamén ratifica a súa invasión na vila da Xunqueira cun campus de tenis de mesa os luns e mércores e entre o 20 de xullo a o 31 de agosto.

A última oferta chega do Club Arte e Movemento, con actividades de taekwondo, baile, ximnasia…

Para todo poden pedir información en o email [email protected] ou ben no teléfono 981.745100 (ext. no 9)

Días concretos de deporte

Dias do Deporte en Cee

O 2 de xullo terá lugar a 7ª Carreira Pedestre Nocturna de Cee, no marco do “VII Circuíto da Carreiras Correndo pola Costa da Morte” e do “VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña” ano 2022.

Durante a mañá do sábado 16 de xullo terá lugar na zona do centro o 7º Día do Deporte na Rúa, unha xornada lúdica e festiva na que os clubs deportivos da vila sacan ás rúas de Cee as actividades que desenvolven ao longo de todo o ano no concello. O baloncesto, o atletismo, o fútbol, o fútbol sala, os deportes de contacto, o ciclismo... serán algunhas das disciplinas deportivas que se poderán practicar.

Xa o 30 de xullo, volve o famoso Día da Bici.

Comentarios