Venres. 04.10.2024
El tiempo

Cee analizou o drama das pensións

Cee analizou o drama das pensións
Charla sobre as pensions en Cee

Artellou o BNG na tarde noite deste xoves 21 de novembro unha charla sobre a problemática das pensións. Unha situación que xa ten levado ás rúas aos pensionistas retornados e que continúa a ser un quebradeiro de cabeza para moitos veciños como o tema das Preferentes.

Moitos afectados acodiron á charla informativa que contaba coas explicacións de Serxio Domínguez, responsable comarcaldo BNG, e Montse Prado, deputada do mesmo partido. Unha charla que xa non é a primeira sobre o caso, e desta volta se falou das pensións de emigrantes retornados, pero tamén dos que sempre ficamos aquí.

Comezou Serxio recordando "auténticos dramas" como o que vivíu hai uns días a bisbarra co caso dun suicidio moi preto de aquí, en Coristanco, dunha señora que se suicidou por non ser capaz de pagar as multas que o estado lle reclama.

Segundo o BNG "o PP está a usar a crise como pretexto para desmantelar o estado de benestar do que sempre presumimos, acabando coa sanidade, co ensino, cos servizos sociais como no caso do peche do Centro de Día de Carnota, e como non, coas pensións". E tamén recordaron que "o PP está a seguir a liña marcada polo PSOE de Zapatero".

Apuntan que "o problema de Galicia é moito maior que no resto do estado porque ademais de ter os soldos máis baixos do estado, temos as pensións máis pequenas, unha media de 721€, polo que os recortes serán máis perxudiciais aínda".

"A mais, en Galicia un 27% da poboación é pensionista, e a situación na Costa da Morte aínda é peor. Por que? Porque a día de hoxe e debido á dituación de paro, as pensións son o sostén de moitas familias enteiras, sendo o único soldo que entra en moitos fogares".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios