Cee anima aos pequenos a facerse voluntarios
Xornada temáticapolo día do voluntariado a que se vai celebrar este xoves 2 de maio no pavillón municipal de Cee. A proposta Tic Tac Town, enfocada para os pequenos da casa e con claros tintes clown, terán como obxetivo fomentar, dar a coñecer e difundir a labor das distintas entidades de iniciativa social e fidelizar a participación das personas que o exercen. E como, sensibilizar ás persoas participantes sobre distintas problemáticas sociais e poder canalizar a súa solidariedade colaborando a través do voluntariado.
E como a mellor forma de facelo é escoitándoo e véndoo da man dos propios voluntarios, aquí estarán para poder facernos ver e coñecer os distintos tipos de voluntariado que se pode realizar.
Nesta xornada ademáis de información atoparán diferentes "colisións informativas", "descargas creativas", talleres, exhibicións e diversión e finalmente os participantes de tódolos concellos escolmados entrarán nun sorteo dunha fin de semana disfrutando dunha xornada de voluntariado e ocio nun balneario.
Por iso, cómpre invitar a todos os alumnos da zona a participar de forma activa para que se podan empapar de todas esta información, experiencias, solidarización e en definitiva socialización e normalización.
Aquí vos deixamos unha mostra:
Máis información
Novas relacionadas
- Cee propón un poético maio de Letras.
- A Escola Infantil de Cee abríu ás portas aos pais e aos monicreques.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).