O COAP Costa da Morte convoca unha concentración comarcal por Gaza este mércores en Cee
07:18 19/01/26
Mentres seguen a matar de fame, de frío, con armas á poboación gazatí, os asinantes do falso acordo de paz fan plans para tutelar e se repartir a súa terra. O xenocidio continúa sen escoitar á cidadanía de todo o mundo, pero dende a Costa da Morte, que levamos décadas sufrindo este conflito como algo noso, queremos seguir berrando.
Así o entende o Colectivo de Apoio ao Pobo Palestino (@coapcostadamorte), que ante o anuncio dos Estados Unidos da creación dunha "xunta para Gaza" , convoca con urxencia unha concentración este mércores 21 ás 20 h na Praza 8 de marzo, en Cee.
"Contra a ocupación, contra o xenocidio, contra a represión en aumento no mundo, polo dereito do pobo palestino a existir e a decidir".




