Comeza en Cee o ciclo de conferencias co gallo Ano Xubilar e dos 25 anos do HVdX
10:11 24/10/22
Hoxe luns 24 de outubro ás 20:00 horas dará comezo no Auditorio da Casa da Cultura de Cee, o ciclo de conferencias organizado pola Asociación Amigos da Xunqueira, con motivo do Ano Xubilar e dos 25 anos do Hospital Virxe da Xunqueira.
A charla deste luns será "Avances no tratamento cirúrxico do cancro de recto" impartido por D. Alfonso Gulías Piñeiro, Xefe do Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo do Hospital de Cee, na que colabora a xunta local da AECC.
Adxuntámosvos o cartel identificativo.
Un saúdo e moitas grazas pola atención prestada.
A Xunta Local de Cee