Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Comité de XEAL volve pedir mediación para manter o convenio colectivo

Concentracion en XEAL
Imaxe dunha das concentracións dos traballadores de XEAL polo mantemento do Convenio Colectivo o pasado mes de decembro
O Comité de XEAL volve pedir mediación para manter o convenio colectivo

Trala decisión da Dirección de XEAL de romper as negociacións e deixar de aplicar o Convenio Colectivo aos seus traballadores, e pasar a aplicar o convenio sectorial do metal da Coruña (de condicións inferiores), o Comité de XEAL vén de presentar “conflito colectivo”. A representación do persoal presentou esta semana papeleta no Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) para que inste unha conciliación coa empresa e que esta recoñeza a vixencia e aplique en todos os seus artigos o XII convenio colectivo para as fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas, mentres non se chega a acordo para un novo convenio colectivo.

Lembran dende o Comité que a non aplicación do convenio acordado no seu das fábricas supón unha “perda de dereitos laborais, sociais e salariais que os traballadores e traballadoras (tanto en activo como o colectivo de persoal pasivo) tiñan recoñecidos e que foran conquistando a través de duras loitas”. Un exemplo é que por primeira vez en 40 anos o persoal non recibiu o tradicional lote de Nadal.

Ademais a empresa xa avisou ao Comité que en 6 meses vai comezar a “modificar xornadas, calendarios, sistema de vacacións, clasificación profesional e todo o relativo á estrutura retributiva”. Antes, “con efecto inmediato quere suspender a regulación que até agora se viña aplicando en materia de permisos retribuídos, antigüidade e acción social (incluído o complemento de Incapacidade Temporal).

Volve pedir o Comité á Xunta, absolutamente ausente neste conflito que dura anos, que interveña, e lle esixa á empresa “o inmediato cumprimento das cláusulas das concesións (así como a sentenza do TXSG) e que proceda á reversión dos dereitos de explotación das centrais hidroeléctricas, ante a teima da empresa de desmantelar o complexo industrial e seguir recortando dereitos.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios