As comunidades escolares da comarca sairán á rúa este luns para esixir un transporte escolar digno

Segue en marcha a comunidade escolar co comezo das mobilizacións para esixir un transporte digno para as súas crianzas. Porque a realidade é a que vemos nas fotos. Así vai o alumnado aos centros ceenses dende Fisterra… “Un pouco incongruente que os que van sentados teñan que levar o cinto de seguridade, non?” pregúntanse dende a ANPA.
Despois da reunión coas familia do IES Agra Raíces, a ANPA quixo implicar tamén ás familias do IES Fernando Blanco cunha reunión, moi satisfactoria, celebrada este pasado luns.
Continúan preparando o escrito á Consellería de Educación e de Mobilidade, e veñen de solicitar unha entrevista co Xefe Territorial.
E xa teñen data para a primeira concentración pola seguridade no transporte integrado, que será o vindeiro luns 27 ás 14:00h na rúa da Flor.
NOVAS RELACIONADAS
- As familias de Cee mobilizanse para “conseguir que ao alumnado poida chegar ás clases con calidade e con seguridade”.
- As continuas problemáticas das familias de Carnota cos buses escolares.
- A falta de transporte e o caótico servizo da atención primaria na Costa da Morte.
- Denuncian que o bus de Fisterra a Santiago cando vai cheo non fai máis paradas.
- 2021: As familias de Carnota tamén teñen problemas no transporte para ir aos IES de Muros e Cee.
- Familias de Outes e Muros reclaman a adaptación das liñas de autobús aos horarios dos Institutos de Noia.