As familias de Cee mobilizanse para “conseguir que ao alumnado poida chegar ás clases con calidade e con seguridade”

Hai veces que a sociedade asumimos situacións inconcebibles. Que un alumno teña que chegar tarde a clase todos os días porque a liña de bus non se adapta ao horario escolar é unha vergonza.
Que un neno teña que ir 20 minutos antes á parada de bus para non perder o seu asento, e para non ter que ir de pé no autobús é “tercermundista”.
Que un neno teña que saír de clase 15 minutos antes todos os días para ir correndo a coller o autobús é inconcibile.
Pero así acontence na Costa da Morte dende que a Xunta realizou a tramposa fusión do transporte integrado, unindo as liñas regulares coas liñas escolares para beneficio dunhas poucas grandes empresas e esquecendo as necesidades da cidadanía.
E así leva pasando na comarca durante estes anos, nos que as familias asumen unhas carencias no transporte escolar impensables nunha sociedade responsable.
Pero parece que a cousa cambia. A reunión de onte artellada pola ANPA do IES Agra Raíces parece que vai cambiar ese estado de aceptación continua. Numerosas familias acodiron á chamada, e baixo a coordinación de Monste Canosa, chegaron a varios e importantes acordos, como enviar varios escritos ás Consellerías de Educación e de Mobilidade.
Pero o cambio máis importante é que realmente se decataron de que teñen que protestar por esta situación, de que teñen que “conseguir que se respecten os dereitos que teñen a un transporte digno e poder chegar ás aulas con calidade e con seguridade”, como explica Canosa.
Por iso avanzan que van realizar concentracións e unha campaña de concienciación.
Aseguran que van manter reunións coas familias do IES Fernando Blanco e con familias doutros puntos da comarca para que as mobilizacións sexan maiores, porque como nos lembraba onte, é un problema de toda a comarca, non só dun centro.
NOVAS RELACIONADAS
- As continuas problemáticas das familias de Carnota cos buses escolares.
- A falta de transporte e o caótico servizo da atención primaria na Costa da Morte.
- Denuncian que o bus de Fisterra a Santiago cando vai cheo non fai máis paradas.
- 2021: As familias de Carnota tamén teñen problemas no transporte para ir aos IES de Muros e Cee.
- Familias de Outes e Muros reclaman a adaptación das liñas de autobús aos horarios dos Institutos de Noia.