Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Consellería asina un convenio para o mantemento e conservación do Museo Fernando Blanco

O Secretario da Fundación recibiu no Museo aos representantes do Partido Popular de Cee trala sinatura do convenio
O Secretario da Fundación recibiu no Museo aos representantes do Partido Popular de Cee trala sinatura do convenio
A Consellería asina un convenio para o mantemento e conservación do Museo Fernando Blanco

Onte asinou un convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, para regular unha subvención nominativa para distintas obras de mantemento e conservación do Museo Fernando Blanco, ubicado no no 25 da
Praza da Constitución sobre a que foi sede da antiga Escola das Nenas da entidade ceense.

Dita axuda, que ascende á cantidade de 37.152,55 €, financia o 100 % dos custes das actuacións solicitadas no seu momento pola Fundación, incluíndo ademais
das obras previstas, o importe da licenza municipal e da memoria elaborada por un técnico.
As obras a realizar consistirán na limpeza da cuberta, substitución de pezas rotas e selado do patio de luces, limpeza, impermeabilización e selado de caleiros,
limpeza e rexuntado da cornixa exterior, vernizado da carpintería exterior de ventás e portas, así como o pintado interior e exterior do Museo na súa 
totalidade.
Trátanse de obras de conservación e mantemento de necesidade imperiosa que, por un lado están a afectar á conservación do propio edificio así como, indubidablemente tamén, á súa estética. As filtracións de auga, a substitución das tellas en mal estado, os descascados, a formación de fungos, o deterioro
producido polas inclemencias climatolóxicas ou polo do tempo fan mais que urxentes ditas actuacións.

Dado que o edificio está incluído no catálogo das Normas Subsidiarias do Concello de Cee como ben catalogado e protexido, antes do inicio das pertinentes obras a Fundación deberá solicitar permiso da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (co que xa conta) e solicitar a pertinente licenza de obras propio Concello.

Comentarios