Curso de Nutrición e saúde en Cee

08:28 10/03/11

A Delegación de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee, organiza un programa de Asesoramento sobre "Nutrición e saúde".
O programa terá unha duración de 4 días (1 día por semana). Este programa levarase a cabo en Cee e nas parroquias de Toba e Brens:
- En Brens: os luns 14,21,28 de marzo e 4 de abril, na casa da cultura, ás 16.00h.
- Cee: tódolos martes de abril ás 18.00h no antigo instituto de Raices.
- Toba: os mércores dende o 16 de marzo ata o 6 de abril, na escola unitaria de Cabaleriza, 21.15h.
Os asistentes ademais de asesoramento en nutrición e hábitos alimenticios, terán un seguimento personalizado: medicións de indice de masa corporal, porcentaxe de grasa, peso e medidas...
Os interesados poden anotarse nas oficiñas de Servizos Sociais do Concello de Cee.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.