![Baile Social en Cee]()
A fin de semana foi completa. Ducias de vilas celebraron as súas festas por todo o alto, demostrando que os entroidos en vilas como Ponteceso, Malpica, Cee ou
Fisterra (xa pasamos de preto por alí) non teñen nada que envexar aos de lugares como Tenerife ou a propia provincia de Ourense.
E se
a Axenda Costa da Morte segue completa tanto para este Martes de Entroido como para a vindeira fin de semana (en Buño, Muxía,
Cerqueda,
Fisterra, Cabana...), imos facendo un repaso ao que aconteceu na fin de semana.
Entroido de Cee
![O Juriatrico de Jures]()
O Entroido na vila da Xunqueira chegou por partida triple. Ademais do tradiconal concurso de comparsas, os maiores e os pequenos tamén o disfrutaron.
Pero a cita coas comparsas ten que ser a protagonista. Este ano si que os veciños do esquecido lugar de Gures levaron o premio. Tralo Jures Park do ano pasado, este ano trasformaron a vila no
"Juriátrico de Gures" co que levaron os 800€ do primeiro premio. Por detrás quedaron os do
Barrio Pésimo de Ameixenda e os
Faraóns de Pereiriña.
![Barrio Pesimo de Ameixenda]()
En canto aos disfraces, as Mucha e Nucha levaron o premio á mellor parella.
![Entroido no Eugenio Lopez - Foto- Rafael Quintans]()
Pola súa banda,
os pequechos do CEIP Eugenio López tamén celebraron o pasado venres a festa de Entroido, desta volta, no pavillón municipal.
![Premio do Centro Social de Cee]()
E ademais,
Festa do Antroido no Centro Social foi espectacular. Bailaron ao ritmo do músico Tino e disfrutaron da degustación de produtos típicos desta época do entroido. Amancia Trillo, realizou o sorteo dunha cesta, que nesta ocasión foi parar a veciña Aurora Blanco.
Entroido para todos en Ponteceso
![Entroido en Ponteceso]()
A participación veciñal nos actos de Antroido pontecesán foi máis que positiva. O pasado domingo
máis de 500 persoas asistiron ao Desfile de Disfraces. I é que 350 eran participantes directos, tanto nas comparsas como nos desfiles. Houbo inchables, xogos, gloflexia, e degustación de chocolate e rosquillas... Diversión garantizada para toda a familia.
Fiolleira eléctrica en Santa Comba
E nos achegamos ata Santa Comba para dar conta da última revolución en materia gastronómica entroideira.
![Fiolleira electronica en Santa Comba]()
A “Filloeira Electrónica” foi a protagonista da tarde do entroido xalleiro celebrado no recinto feiral. Máis de 1.000 persoas de todas as idades acodiron á cita onde se repartiron unhas 5.000 filloas. Aí é nada. Tomen nota que para manter o entroido hai que modernizarse.
Desfile multitudinario en Carballo
![Entroido de Carballo - O Leon]()
En Carballo, o Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Antroido tamén é unha cita obrigada. Como nos contan dende
Carballo,
a mirada de Don Carnal ofreceu unha panorámica da actualidade, coa presenza da Garda Civil e o seu límite a 110 quilómetros por hora, dos mineiros de Chile, do Papa Benedito XVI con botafumeiro incluído, ou coa visita do resucitado Michael Jackson.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).