Martes. 19.10.2021
El tiempo

Da importancia de que os escolares coñezan o valor patrimonial da Costa

Da importancia de que os escolares coñezan o valor patrimonial da Costa

Falamos hoxe dos centros de ensino. Tantas veces esquecidos, son poucos os centros que se preocupan de sacar das aulas aos alumnos. A comodidade do profesorado moitas veces perxudica o feito de que os cativos non coñezan máis aló do que pon nos libros de texto, cando arredor temos tantas e tantas cousas por coñecer.

Apuntamos hoxe dous exemplo de boas prácticas, un dende Vimianzo, e outro en Cee. Pero somos conscientes de que hai máis exemplos na bisbarra, e os Concellos de Ponteceso e de Cabana de Bergantiños son un espello no que se podían fixar outros municipios da bisbarra.

Visitando o Museo Fernando Blanco

En Cee xa levan moito tempo facendo visitas para coñecer os Tesouros do Museo da Fundación Fernando Blanco de Cee. Desta volta, a semana pasada foron dous grupos de 1º da ESO do IES Agra de Raíces da vila da Xunqueira os que o coñeceron de preto da man do Coordinador do Museo Darío Areas.

Botamos de menos, así e todo, que só sexan os centros ceenses os que se animen a coñecelo.

Visitas escolares á pintura de Antón Mouzo

En Vimianzo hai dúas boas propostas en marcha. Ademais do Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras, con visitas guiadas polo arqueólogo Tito Concheiro, os alumnos vimianceses teñen un amplo programa cultural. E unha das propostas é coñecer de preto a pintura dun veciño, Antón Mouzo.

Así 74 [email protected] do CEIP de Baíñas, ademais doutros tantos do CEIP San Vicenzo, xa pasaron a coñecer a Exposición de Antón Mouzo. Ao seu carón, para contarlles historias estaban Manuel Antelo, a técnica de cultura do concello, Nieves Lema e a licenciada en Belas Artes e encargada de guiar os escolares pola obra do autor vimiancés, Puri Lema.
Manuel Antelo considera fundamental que “os máis pequenos coñezan o que temos no noso concello para que aprendan a valoralo, eles coñecen moitos pintores famosos e en Vimianzo tamén os temos, temos que estar orgullosos deles”. Puri Lema descubriulles os segredos da arte e da pintura a través da pintura de Antón, animounos a investigar datos sobre o pintor na biblioteca e, para rematar a xornada dun xeito lúdico, elaboraron un mural colectivo inspirado na obra de Antón Mouzo onde puideron plasmar a súa visión dos cadros.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios