De premio, unha noite de suite na Costa e un paseo en barco pola ría de Corcubión
10:55 05/03/11
Nada menos que 186 participantes e máis de 500 comentarios dan conta da enorme participación que houbo no Concurso de Marcos Rodríguez FOTOGRAFÍA, Hotel Insua e Cataventos Escola de Vela. Un Concurso desenvolto polo equipo de Que pasa na Costa a través da páxina de Facebook do novo sucesor de Ramón Caamaño.
A primeira idea consistía en elixir a mellor das 15 fotos de MR que se presentaron ao concurso. A elixida foi esta do faro de Fisterra cuberto de nubes baixas...
O premio consistía nunha unha noite na suite do Hotel Insua con almorzo incluído, e un paseo en barco con botella de champaña incluída pola ría de Corcubión con Cataventos Escola de Vela, para dúas persoas.
Curiosamente, nun Concurso que recolleu votos de todas partes do planeta, a gañadora foi Natalia Rodríguez Martínez, "Nati Rm", veciña de Sardiñeiro que desenvolve un gran papel social como Monitora en Aspadex. De seguro que o disfrutará malia xa coñecer a nosa marabillosa costa. Parabéns Nati!.
Un sorteo ante Notario
E para que vexan que non houbo trampa nin cartón no sorteo. Podedes ver no Facebook de Marcos Rodríguez FOTOGRAFÍA ou no Facebook de QPC o vídeo grabado por Gustavo Zuín do sorteo realizado polo equipo de QPC Directo ante Notario.Para seguir as peripecias de Marcos Rodríguez e a súa cámara
Fáganse siareiros da páxina de Marcos Rodríguez FOTOGRAFÍA e disfruten da súa última viaxe a Brasil da man de AViajes.com.Máis información
- Marcos Rodríguez Fotografía no Facebook.
- Hotel Insua no Facebook.
- Cataventos Escola de Vela no Facebook.
Novas relacionadas
- Como abrir un estudio de fotografía en tiempos de crisis.
- Marcos Rodríguez Fotografía: O novo punto de encontro da fotografía da Costa, xa en Cee.
- Ramón Caamaño xa ten sucesor.
- A fin do mundo de Marcos Rodríguez.
- Marcos Rodríguez gaña o Certame Vagamundos na categoría xacobea.
- Entrevista con Marcos Rodríguez: "De todo o bo que nos pasa, sempre o convertimos en malo".
Outras novas
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- Recunchos da Costa: A Praia das Torradas ou de Aviño.
- AViajes, competindo con Atrapalo dende a Costa da Morte.
De viaxe con Marcos
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).