Venres. 19.04.2024
El tiempo

As bicicletas tamén toman Cee na I Volta MTB Terra Neria

As bicicletas tamén toman Cee na I Volta MTB Terra Neria

Se ben esta fin de semana Camariñas será a capital das dúas rodas en Galicia, a primeira semana de outubro Cee collerá o relevo. O Clube Ciclista Cee e o Concello ceense organiza a I Volta MTB "Terra Neria" Concello de Cee 2011, que percorrerá o vindeiro domingo 2 de outubro 43 km de dificultade media/alta por pistas e camiños forestais dos municipios de Cee e Muxía, coincidindo nalgúns tramos co Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

Percorrido

A volta iniciarase no pavillón polideportivo de Cee sobre as 9:30h e transcorrerá por camiños e pistas forestais e algúns tramos de enlace asfaltados. A cota máxima de altura será de 312 metros, no alto de San Pedro Mártir. O percorrido estará controlado por membros do Club Ciclista de Cee, aínda que os últimos 15 Kms. serán libres.

Á chegada, tamén no polideportivo, haberá unha comida con todos os participantes e farase a entrega de obsequios e trofeos ao participante máis veterano, ao máis novo, ao club máis numeroso ou ao máis afastado.

Máis información e inscrición

O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 20 de setembro e pódese formalizar na Delegación de Deportes do Concello de Cee, chamando ao teléfono 981 74 51 00 ou no mail [email protected] ou [email protected]. A cota de inscrición é de 5 euros, que se ingresará nunha conta de Novacaixagalicia (2091‐0022‐73‐3000154494).

O número de participantes está limitado a un máximo de 180 participantes e a idade mínima é de 16 anos, aínda que ata os 18 anos deberase ter a autorización ou o acompañamento dos pais. Os bikers terán avituallamiento, comida, duchas, asistencia sanitaria e lavado de bicicletas.

Historia do Clube

O Club Ciclista de Cee naceu en 1993 coa principal finalidade de promocionar a práctica do ciclismo, sobre todo na súa vertente non competitiva, como é o cicloturismo, participando coa súa presenza en numerosos probas a nivel galego e nacional, como a "Clásica Lagos de Covadonga", na que o club participa ininterrompidamente desde 1994. Tamén foi o organizador durante sete edicións (1995- 2001) da "Ruta Neria" de estrada, e varios dos seus membros competiron en categoría sub-23, en master-30 e master-40.

Para coñecelos mellor podedes buscar polo Facebook do Club Ciclista Cee.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios