Venres. 18.06.2021
El tiempo

A escola de Cee voltou ao Mar

Escolares de Cee en kaiak pola ria de Corcubion no Mar na Escola
A escola de Cee voltou ao Mar

Despois dun ano de parón, volve poñerse en marcha, paseniño, o pioneiro proxecto “O mar na Escola”. Un proxecto con 17 anos de historia que só no pasado 2019 permitiu que 600 [email protected] aprendesen a navegar polo seu mar coma se fose unha asignatura máis do expediente académico.

Este mes de maio, da man do Servizo de Deportes do Concello de Cee e a Escola de Vela Cataventos (xunto á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia dentro da actividade deportiva escolar “Xogando co Vento” do Plan Xogade), puxeron en marcha unha nova edición do programa o Mar na Escola, no que participarán un cento de escolares do Concello de Cee.

As primeiras quendas xa sacaron os kaiaks e disfrutaron das belezas agochadas da ría de Corcubión.

Descubrindo furnas na Ria de Corcubion

Escolares de Cee participando no Mar na Escola

Novas relacionadas

comentarios