Este xoves Corcubión prepara a súa Festa Solidaria “Rumbo a Gaza”

20:00 04/05/11

O Colectivo COSAL Costa da Morte está a preparar a Festa Solidaria no marco da Campaña Rumbo a Gaza. A cita será este xoves 5 de maio no Bar La Terraza do Hotel El Hórreo de Corcubión. A entrada custará 5€ e todo o recaudado irá para apoiar a Frota da Liberdade deste ano 2011. Unha Frota que achegará centos de toneladas de axuda humanitaria, e para a que os pequenos da bisbarra xa puxeron o seu gran de area en forma de lapis e bolis. Agora tócanos aos maiores.
A proposta será completa, e contará cun pouco de todo.
- Poesía: Miro Villar e Xaime Trillo, poeta e integrante de COSAL.
- Música: Escola de canto tradicional da Universidade Popular de Corcubión .
- Proxección dunha curtametraxe.
- Sorteo dunha kufiyya (pano palestino).
Todo isto levado por José Luís Louzán, locutor da Radio Nordés. Haberá pinchos e a festa comezará arredor das 21:30h da noite do xoves.
Novas relacionadas
- Os colexios da zona envían material Rumbo a Gaza.
- A Costa da Morte boicotea Israel.
- La Terraza do Hórreo repasou a situación en Israel con Alberto Pradilla.
- COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Entrevista con Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
Máis novas
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Este verán, acolle un neno saharahoui.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).