Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un ferido tras envorcar na estrada de Lires

accidente en Lires
Un ferido tras envorcar na estrada de Lires

Eran as 20:45 do martes, cando o 112 recibía unha alerta por un accidente na CP2301, ao pasar o Rego da Lagoa, na estrada de Cee a Lires. Un vehículo perdía o control, sufría unha saída de vía e quedaba envorcado coas rodas cara arriba ocupando o carril contrario.

Tivo que chegar de contado a Garda Civil para controlar o tráfico, pois ademais o coche estaba xusto despois dunha curva, e o 061 para trasladar ao condutor. Os Bombeiros tamñén chegaron para limpar a estrada e esperar ata a chegada do guindastre.

Comentarios