xoves. 01.05.2025
El tiempo

Ferroatlántica recibe o recoñecemento da Comisión Europea

Ferroatlántica recibe o recoñecemento da Comisión Europea
As fábricas de Cee e Dumbría levan máis de dez anos rexistradas no sistema EMAS As fábricas de Cee e Dumbría levan máis de dez anos rexistradas no sistema EMAS As fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría acaban de recibir da man da Comisión Europea o certificado de bronce pola súa traxectoria de máis de cinco anos rexistradas no sistema EMAS que valora a xestión ambiental das empresas. EMAS é un instrumento voluntario de xestión ambiental baseado nun esquema armonizado en toda a Unión Europea. O seu obxectivo é mellorar o comportamento ambiental das organizacións e garantir o cumprimento do compomiso tanto de avaliación como de reducción do seu impacto ambiental, dende unha perspectiva de mellora continua. Ademais, as empresas rexistradas deben desenvolver unha política activa de comunicación ambiental, co fin de garantir a transparencia tanto cara os propios socios e accionistas como cara a sociedade en xeral. As fábricas de Cee e Dumbría levan 8 e 9 anos, respectivamente, rexistradas de forma ininterrumpida no EMAS. "Defendemos sempre a compatibilidade da nosa actividade industrial, xeradora de emprego, coa protección do medio e a promoción da calidade de vida na contorna. Por ese motivo, implantouse nas fábricas de Cee e Dumbría un modelo de xestión dos procesos industriais avalado polo sistema europeo EMAS ademais do certificado ISO 14001 de Xestión Ambiental", asegura Calos Oliete, director da zona noroeste de Ferroaltántica. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Ferroatlántica
 

Comentarios