Fina Paulos e Óscar Rey levan a Brens o manual escolar galego sobre IA

Continúa a xira de presentación de "Intelixencia Artificial para a sociedade". Os autores e mestres no IES Maximino Romero de Lema, Fina Paulos e Óscar Rey, que onte recibían a felicitación da Xunta de Galicia, estarán este sábado na Casa da Cultura de Brens.
A combativa Sociedade Deportiva e Cultural de Brens (SDC Brens) invita aos autores para coñecer de primeira man este libro en galego que afronta a utilidade práctica da IA na vida cotiá, dende unha perspectiva educativa, ética, moi amena e práctica.
O acto de presentación do libro estará precedido dunha demostración práctica do impacto da IA na vida das persoas e no seu día a día. Falaremos de IA para todos os públicos e con vocación de utilidade.
As persoas que decidan acudir, poderán coñecer como se leva cabo un proceso automático de valoración de analíticas, reparación fotográfica e son, creación de menús saudables ou aprender a entablar unha conversa cunha IA que facerlle preguntas específicas dunha temática da que nós mesmos aportamos datos.
Máis novas