RESCATE DOS PARQUES DE BOMBEIROS
“O lume non pode ser un negocio para ninguén”
A semana pasada o Consorcio Provincial contra Incendios anuncia o rescate a mans públicas dos parques de Bombeiros Comarcais da provincia da Coruña, entre os que están os de Carballo, Cee e Santa Comba. Unha nova máis que positiva, tanto para a veciñanza, como para os profesionais.
”Paréceme unha medida fenomenal!!!", asegura nada menos que Rubén Suárez, Bombeiro e candidato á alcaldía polo PP de Negreira. “Un servizo de emerxencias non debe estar privatizado e é fundamental a homoxenización do servizo e a profesionalización que temos pero que se debe ratificar e no que todos estemos antes as mesmas condicións cando todos desempeñamos a mesma función no ambito rexional”, explica.
Outro profesional do parque de Cee, Jesús Manuel Pazos Mariño, lembra cun claro “xa era hora”, que o colectivo leva moitos anos traballando para recuperar este servizo. “O modelo privado está pensado para aforrar, como xa sabemos. Non cumpren co acordado, sempre tardan en arranxar as cousas ou déixanas pasar e limitan o noso traballo”, explica. “Este paso vainos permitir facer ben o noso traballo tanto de extinción como sobre todo de prevención”, apunta.
Falamos máis polo miúdo co representante sindical Dani Bogo (neste accidente con casco amarelo):
- QPC: Por que vos parece mellor esta medida?
Para empezar, sempre pensamos que isto non pode ser un negocio para ninguén. No momento no que unha empresa privada está xestionando este tipo de servizos, ten que haber uns rendementos para dita empresa, por riba do ben común.
- QPC: Cales son os principais problemas do modelo privado de xestión dos parques?
Desde practicamente os inicios do Parque, o que lle preocupa a empresa é o que se gasta ou o que deixa de gañar. A realidade é que o servizo pouco lle preocupou.
Doutra banda, todos os parques de Coruña son do mesmo Consorcio, pero estamos en condicións diferentes: diferente convenio; o cadro de persoal exactamente non é o mesmo… e cremos que é moito máis beneficioso que isto estivese unificado.
- Que cambios concretos vai producir este paso?
Os cambios en principio pois non van ser moitos pero esperamos que co tempo ao ir unificando, redactarase un convenio novo con melloras para os traballadores e con melloras para o servizo.
O que todos esperamos, polo menos os traballadores do montón, é que se empece a dar un servizo de mellor calidade, e iso pois inclúe pois tamén loxicamente beneficios para os traballadores e un mellor servizo para os veciños.
Novas relacionadas
- 12-04-19: O Consorcio Provincial Contraincendios aproba a xestión directa dos parques de bombeiros comarcais.
- Xullo 17: A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
Máis novas sobre incendios
- Marzo 19: Un berro de solidariedade ante a inxustificable vaga de lumes.
- Marzo 19: Tres incendios en Baio, Fisterra Vimianzo fan saltar todas as alarmas tamén na Costa.
- Outubro 17: Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Novembro 17: ATRIFOGA volve denunciar o desmantelamento do Servizo Público contra Incendios co novo despedimento de 25 traballador@s na bisbarra.
- Agosto 17: Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
Novas relacionadas
Máis novas sobre incendios
- Marzo 19: Un berro de solidariedade ante a inxustificable vaga de lumes.
- Marzo 19: Tres incendios en Baio, Fisterra Vimianzo fan saltar todas as alarmas tamén na Costa.
- Outubro 17: Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Novembro 17: ATRIFOGA volve denunciar o desmantelamento do Servizo Público contra Incendios co novo despedimento de 25 traballador@s na bisbarra.
- Agosto 17: Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.