Fotodesfeita: A maleza invade os camiños de Canosa

A maleza pecha as saídas de recollida de augas pluviais arrastrando barro cada vez que chove con intensidade As choivas da semana pasada deixaron a aldea de Canosa (Lires - Cee) nun "lamentable estado de abandono", tal e como o indica o autor das imaxes. A choiva arrastrou unha gran cantidade de barro que incluso chegou a entrar nalgunhas casas. Foron os veciños e veciñas de Canosa os que retiraron estes restos de barro.
A maleza invade algúns camiños e espazos públicos de Canosa (Lires) A maleza que invade algúns dos camiños que discorren por Canosa e que forman parte do camiño Fisterra-Muxía pechan as saídas de recollidas de augas pluvais incrementando o problema cada vez que chove con intensidade. Esta situación tamén afecta a outros espazos públicos do lugar como a área de recreo.  

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a info@quepasanacosta.com ou a través do noso Facebook.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).