Martes. 15.10.2024
El tiempo

Galicia Bilingüe levará aos tribunais a ordenanza do galego se sae aprobada polo pleno de Cee

Galicia Bilingüe levará aos tribunais a ordenanza do galego se sae aprobada polo pleno de Cee
Galicia Bilingue

Destacamos a pasada semana a unión de PSOE; PP e Ciudadanos para botar abaixo o regulamento para o impulso do galego no Concello de Cee. Hoxe a entidade Galicia Bilingüe púxose en contacto con nós para darllos a súa visión da devandita normativa non aprobada, despois de enviarlle un informe a todos os grupos municipais.

Considera o grupo de Gloria Lago, na posición contraria á da Mesa pola Normalización", que o regulamento "é imposible que un informe a considere legal" porque ten "numerosas ilegalidades". GB propón que se modifique para que se permita o uso de galego e castelán no Concello, por iso entende positiva a decisión final do pleno de esperar un informe xurídico.

Cómpre lembrar que o texto da nova ordenanza de normalización lingüística, foi proposto polo alcalde de Cee, Ramón Vigo, para a súa aprobación no pleno do pasado xoves. Galicia Bilingüe coñeceu a ordenanza a través da consulta realizada por Modesto Rivas, concelleiro do PsdG, que entendía que o texto non se axustaba a dereito, algo que foi confirmado polo equipo xurídico de Galicia Bilingüe. "No texto vulnéranse normas de rango superior, e hai varios artigos iguais aos xa declarados ilegais polo TSJG na Ordenanza de As Pontes de García Rodriguez en sentenza de 23 de febreiro de 2006, por vulnerar os artículos 3.1 y 3.2 da CE e o artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía. Asemade, a ordenanza de Cee tamén vai en contra a doutrina do TC na súa su sentenza sobre o Estatuto de Cataluña. A vulneración da legalidade provén principalmente da exclusión do uso do castelán", denuncia GB.

Denuncia que !a ordenanza que se propón en Cee é un copia pega das de Carballo e Pontevedra. No texto mesmo “coláronse” os nomes desas poboacións!. O Alcalde esgrime iso como argumento para defender a súa legalidade, pero a realidade é que esas normativas existían antes da creación de GB e, polo tanto, cando a asociación pro liberdade de elección de lingua foi creada, xa rematara o prazo para recorrela. No caso de Cee, de ser aprobada a ordenanza ilegal, sería levada aos tribunais por GB.

"Unha imposición"

Malia que A Mesa insiste en que a ordenanza só pon en igualdade de condicións as dúas linguas, GG considera que "a ordenanza proposta é a exclusión do castelán, que tamén é unha lingua oficial en Galicia. Se a ordenanza entrase en vigor, o castelán quedaría excluído de documentos e de prácticamente todo tipo de uso no concello. Mesmo os contratistas e proveedores do Concello non poderían usar libremente galego ou castelán como sería o lóxico, senón que estarían obrigados a usar o galego no seu trato co concello e tamén na realización dos seus servizos. A nova normativa afectaría tamén a garderías, escolas infantís, e cursos de formación. Soamente se permitiría usar o español, xunto co galego, en casos moi tasados, como intervencións de cargos públicos en congresos, e en campañas de publicidade fóra de Galicia, e isto específicase claramente como unha excepción, co que queda claro que malia que se menciona o castelán nun artigo, o seu uso quedaría restrinxido a eses contextos moi contados".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de GB.

Comentarios