Guadalupe Vázquez presenta a súa novela sobre o acoso escolar en Brens
13:36 10/01/25
Este sábado 11 de xaeiro, ás 17:00h, A activa SDC Brens organiza un novo evento. Estará no salón da Casa de Cultura de Brens Guadalupe Vázquez Formoso presentando o seu libro "Alicia no labirinto das sombras".
Na mesa estará acompañada por Xosé Cañizo, membro da sociación ceense e coñecido mestre xubilado cunha recoñecida traxectoria como docente nas escolas rurais da nosa contorna e do colexio "Vila de Cee", así como un gran dinamizador da nosa cultura nas diferentes asociacións das que formou parte.